Amosando publicacións coa etiqueta infraestructuras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta infraestructuras. Amosar todas as publicacións

Demandamos varias melloras na parroquia de Bealo

Xa hai  algúns meses, foi a nosa asemblea a que levoi a pleno a moción para a acometida de rede de auga na parroquia de Bealo sendo aprobada por unanimidade.

Pero este servizo básico non é o único do que adoece esta parroquia que carece de numerosas instalacións. No lugar de Ponte Beluso non se repuxo o tobogan e as canastras do  parque infantil retirados no seu día e faltan equipamentos de lecer.


Parque infantil sen apenas elementos de xogo

 
A mellora da seguridade viaria na estrada da Amanecida ó Confurco na que o primeiro paso de peóns apenas ten visibilidade ou a dinamización da antiga escola unitaria  dotando de contidos culturais ao local social son outras das demandas que trasladamos á
corporaciñon.
Paso de peóns sin visibilidade

Nun rural coma o de Boiro no que cada vez se está perdendo máis poboación, compre dotar as parroquias do maior numero de servizos posibles que axuden a fixar poboación e eviten este esmorecemento demográfico.


Exiximos que o Alcalde non gaste os cartos en poñerse placas e si en abrir o aparcadoido de Anegral

   Dende Boiro Novo parécenos un absurdo que se gasten máis de 100.000€ nunha obra que ninguén demandou como é o enlousado con pedra das inmediacións do aparcadoiro de Anegral, mentres o propio parking segue pechado coa grave falla de aparcamento que temos en Boiro. Volvemos a comprobar como o único que lle interesa ao alcalde é sacarse a foto e poñer o seu nome nunha placa en vez solucionar os problemas dos veciños.

    Máis aínda, o alcalde ten o cinísmo de acusar a nosa concelleira Dores Torrado de mentir ao denunciar que a inversión foi feita para darlle uso a unha superficie comercial, cando foi él mesmo hai 6 meses, no pleno de Novembro do pasado ano, o que fixo unha modificación urbanística  do plan parcial de Barraña xusto con ese propósito (Pincha para ver o expediente de modificaicíon urbanística completo):





   Para Boiro Novo o que é claramente un clamor popular e solucionar a grave falta de aparcamento que ten o noso Concello. É un despropósito que un ano máis se acheguen as festas do Verán, e o único no que fixo o Alcalde en Anegral sexa poñer unha placa co seu nome nunha obra que ninguén pediu e cun custo desorbitado, en vez de gastar os recursos en solucionar os problemas da veciñanza tendo lista a apertura do parking antes da tempada estival e das festas como sería propio de un goberno decente e non da falla de xestión á que acostuma o Alcalde do PP.

A continuidade do PP no goberno pon en risco o medio de vida da xente do mar.

   Os pantaláns de Cabo de Cruz, que tiñan que estar colocados antes do fin desta lexislatura, son outra das promesas incumpridas do goberno de Alberto Núñez Feijoó e Juan José Dieste. Onte estivemos con Juan Fajardo, candidato de En Marea e deputado de AGE, para recordar o lesivas que foron as políticas do PP para sector pesqueiro, bateeiro, e marisqueiro de Galicia e concretamente do noso concello.

 
 Juan Fajado xunto con integrantes de Boiro Novo no Porto de Cabo de Cruz  

 

 Os pantaláns do Porto de Cabo de Cruz: máis de 5 anos de promesas incumpridas

   Ademáis de recordar como asuntos tan importantes coma a Lei de Acuicultura que seguen estando nun caixón do PP á espera de que pasen ás eleccións para poder vender as nosas rías ao mellor postor, tamén recordamos como xa van 5 anos dende a primeira vez que o PP de Núñez Feijoó e do alcalde Juan José Dieste prometeran que ían ter instalados os pantalans no porto crucense. 

   Esta promesa, que foi repetida en cada período electoral que houbo dende o 2011, semella unha burla para os e as traballadoras do mar do noso concello. A realidade é que novamente remata outra lexislatura e o Porto de Cabo de Cruz seguen sen contar con esta infraestructura tan necesaria para os e as usuarias do mesmo. Tan só unha nota nunha partida presupostaria que non chega nin para a décima parte do custe da súa instalación e que a estas alturas, sen tan sequera ter posto o primeiro pilote, moito nos tememos que novamente volte a quedarse en mera propaganda electoral.

Máis de 5 anos dende a 1ª data fixada polo PP para a instalación dos pantaláns

   É por iso que dende Boiro Novo estamos fartos de que o PP continúe xogando coa boa fe da xente do mar e cremos que esta burla ten que rematar dunha vez. Tiveron dúas lexislaturas para cumprir cun dereito que ten a veciñanza crucense quedando claro unha vez máis a súa incompetencia para xestionar o público demostrando que non merecen seguir gobernando este país e este concello.

Pancarta posta por Boiro Novo exixindo que o PP deixe de facer campaña cos dereitos da xente do mar

Reclamamos melloras na estrada de Boiro a Abanqueiro e Cespón (DP-1106)

   Para a nosa asemblea  a seguridade vial en Boiro é unha das nosas principais preocupacións. Tal e como marca a lei o concello ten competencia directa na adopción de medidas que supoñan unha mellora da seguridade vial en todo o termo municipal. 

   A estrada DP-1106 ten unha capacidade de tráfico moi elevada por ser a principal vía de chegada para os núcleos mais importantes das parroquias de Abanqueiro e Cespón así como de multitude de traballadoras/es que se dirixen a fábrica conserveira de Jealsa, ademáis é empregada por numerosos viandantes para desprazarse entre os distintos núcleos que percorre. 

   Sen embargo esta estrada presenta unha serie de deficiencias que supoñen un perigo para usuarios da mesma, sobre todo para os peóns, que en moitas ocasións vense obrigados a transitar polo asfalto, sendo de especial preocupación aqueles lugares onde hai menores que agardan polo autobús escolar. 
Poza que impide transitar pola beirarrua preto do casco urbano


  Por todo isto a Asemblea Cidadá Boiro Novo ven de presentar unha mocíón para solicitar un plan de actuación integral en dita estrada que acometa entre outras as seguintes actuacións: 

1. De forma urxente e inmediata se sinalice de forma visible mesmo con sinais luminosas a parada de autobús escolar sita no lugar de Pazos en Cespón. Así mesmo solicitamos que se instalen elementos que controlen a velocidade dos vehículos en dito punto 
1.1 Se inicien os trámites para trasladar dita parada a un lugar máis seguro, se instale un paso de peóns e se instalen os elementos necesarios para garantir a seguridade na zona. 

Mala visibilidade na parada do Lugar de Pazos
2. A instalación de beirarrúas, así como a mellora da iluminación nos puntos onde esta sexa deficiente. 

Tramo de Ferreiros sin beirarrúas


3. A reposición da parada de autobús sita no lugar do Bodión. 

4. A mellora da sinalización do cruce que parte do lugar de San en dirección ao Saltiño. 

 

5. O arranxo dos tramos de beirarrúa, especialmente e polo seu mal estado:
         - Aquel que une o casco urbano de Boiro co lugar de San
         - Nas inmediacións á farmacia do Monte do Seán

 6. Actuación sobre as lombas redutoras de velocidade sitas en dita estrada, actualmente en mal estado debido a falta de mantemento

Improvisación e desidia do goberno na limpeza das rúas


Son varias as queixas que nos están a chegar debido ao lixo acumulado estes días en varias zonas do noso concello. Un feito que se agrava coa calor, o cal fai que se despendan cheiros que aumentan aínda máis a insalubridade do problema. Dende Boiro Novo queremos que as nosas festas sexan un motivo ocio e lecer para a veciñanza e entendemos que a desidia e improvisación que está a ter o goberno neste asunto vai en detrimento da calidade das mesmas. Así mesmo, seguimos sen entender como o aparcamento de Anegral segue estando pechado nunhas datas coma estas de gran afluencia de vehículos ao noso concello.

A transformacion do aparcadoiro de Anegral en alpendre: Outro disparate do PP

A nova ocorrencia do goberno local de convertir o aparcadoiro de A Negral en alpendre non só non ten sentido, senón que é un disparate tendo en conta a grave falta de estacionamento que hai no noso concello. Dende o ano 2011 dispoñense de instalacións propias no polígono industrial para usar de almacen polo que non parece razoable que, mentres que a lei exixe aos autónomos e ás pequenas empresas municipais que trasladen a súa actividade aos polígonos, o concello queira empregar como alpendre de obras unha infraestrutura emprazada nunha zona privilexiada do casco urbano de Boiro, que debera ser empregada para a dinamización comercial, turística e hostaleira do centro urbano.

Solicitamos a apertura do aparcadoiro do concello en días festivos

Actualmente o parking da praza do concello pecha os días festivos. Atendendo ás demandas de colectivos veciñais, comerciantes e hostalería, solicitamos que alomenos en datas sinaladas, como pode ser a semana santa, se abra dito apacadoiro para facilitar a estancia de veciños/as e visitantes que queiran achegarse ata o noso concello.

Plan integral de mellora da Rúa Principal

A rúa Principal de Boiro xa non fai honor ao seu nome. A deficiente iluminación, a falla de limpeza nalguns tramos así como numerosas construccións en estado ruinoso fan patente este estado de abandono. Por iso, despois de poñernos en contacto con veciños, hosteleiros e comerciantes da zona; vimos de presentar unha moción que se debaterá no pleno de hoxe para solicitar unha serie de medidas que axuden a recuperar o pulo que esta rúa tiña ata hai poucos anos.


Exiximos medidas ao perigo que supón o estado ruinoso de Boiromar

Ante o lamentable estado da nave de Boiromar no Chazo o Concello ten que actuar. É un risco latente que calquer día pode causar unha desgraza. Por iso propuxemos unha enmenda aos orzamentos municipais para que se destine unha partida dos mesmos a asegurar a nave así como a súa contorna. Así mesmo pedimos que posteriormente se demande á propietaria da antiga fábrica en ruinas que asuma os custes de esa actuación que non se pode demorar máis no tempo.

Proposta de Parque Infantil Cuberto

O Plan de Acción Social (PAS) son uns fondos que recibe o Concello destinados a "mellorar as condicións de vida da poboación, principalmente da infancia, da mocidade, das mulleres e das persoas con diversidades funcionais". Dende Boiro Novo quixemos achegar ao pleno da corporación a nosa proposta, reclamada por moitos pais e nais, de facer un parque cuberto que tamén fose accesible para os nenos que o precisen. Así mesmo tamen propoñemos dotar a ese parque de outros servizos, como aseos con cambiadores, mesas e bancos ou tamén un espazo con aparellos biosaudables, entre outras propostas.