Dende Boiro Novo parécenos un absurdo que se gasten máis de 100.000€ nunha obra que ninguén demandou como é o enlousado con
pedra das inmediacións do aparcadoiro de Anegral, mentres o propio parking segue pechado coa grave
falla de aparcamento que temos en Boiro. Volvemos a comprobar como o único
que lle interesa ao alcalde é sacarse
a foto e poñer o seu nome nunha placa en vez solucionar os problemas
dos veciños.
Máis aínda, o alcalde ten o cinísmo de acusar a nosa concelleira Dores Torrado de mentir ao denunciar que a inversión foi feita para darlle uso a unha superficie comercial, cando foi él mesmo hai 6 meses, no pleno de Novembro do pasado ano, o que fixo unha modificación urbanística do plan parcial de Barraña xusto con ese propósito (Pincha para ver o expediente de modificaicíon urbanística completo):
![]() |
Para Boiro Novo o que é claramente un clamor popular e solucionar a grave falta de aparcamento que ten o
noso Concello. É un despropósito que un ano máis se acheguen as festas do Verán,
e o único no que fixo o Alcalde en Anegral sexa poñer unha placa co seu nome
nunha obra que ninguén pediu e cun custo desorbitado, en vez de gastar os recursos en solucionar os
problemas da veciñanza tendo lista a apertura do parking antes da tempada
estival e das festas como sería propio de un goberno decente e non
da falla de xestión á que acostuma o Alcalde do PP.
