A nova ocorrencia do goberno local de convertir o aparcadoiro de A
Negral en alpendre non só non ten sentido, senón que é un disparate
tendo en conta a grave falta de estacionamento que hai no noso concello. Dende o ano 2011 dispoñense de
instalacións propias no polígono industrial para usar de almacen
polo que non parece razoable que, mentres que
a lei exixe aos autónomos e ás pequenas empresas municipais que
trasladen a súa actividade aos polígonos, o concello queira
empregar como alpendre de obras unha infraestrutura emprazada nunha zona
privilexiada do casco urbano de Boiro, que debera ser empregada para a
dinamización comercial, turística e hostaleira do centro urbano.
Comparte esta publicación