A rúa Principal de Boiro xa non fai honor ao seu nome. A deficiente
iluminación, a falla de limpeza nalguns tramos así como numerosas
construccións en estado ruinoso fan patente este estado de abandono. Por
iso, despois de poñernos en contacto con veciños, hosteleiros e
comerciantes da zona; vimos de presentar unha moción que se debaterá no
pleno de hoxe para solicitar unha serie de medidas que axuden a
recuperar o pulo que esta rúa tiña ata hai poucos anos.
Comparte esta publicación