Amosando publicacións coa etiqueta Transparencia e participación cidadá. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Transparencia e participación cidadá. Amosar todas as publicacións

Boiro Novo presentará alegacións contra a suba do imposto de circulación a vehículos de máis de 25 anos.

   No pasado pleno aprobouse a ordenanza que retira a bonificación que recibían os vehículos de máis de 25 anos. Na normativa vixente ate o dagora, calquer vehículo que cumprira dita antigüidade tiña dereito a ser beneficiario da exención impositiva con só solicitalo no concello, pero dende a entrada en vigor da norma aprobada no pleno municipal de setembro, estes automóbiles deberán pasar uns trámites admnistrativos previos cun custo aproximado de 500€ en taxas se queren seguir desfrutando da mesma.
  
   Dende Boiro Novo cremos que esta medida perxudica gravemente a moitas familias que non poden costearse a compra dun coche novo, máis aínda nun contexto de crise como o actual, xa que terán que afrontar un gasto extra para as súas economías de ata máis de 140€ nalgúns casos. Cónstanos ademáis que esta decisión ten exclusivamente un carácter político e recadatorio, e non técnico como quere facer ver o goberno. 

   Para comezar, se a analizamos polo miudo non é certo que sexa unha medida ecoloxica:  O primerio dos tres principios ou "erres" da ecoloxía (Reducir, Reutilizar e Reciclar) é precisamente o de Reducir, e isto é así porque na fabricación de case  calquer produto prodúcense en maior ou menor medida emisións contaminantes ao medio ambiente. No caso dun automóbil, aínda antes do seu 1º uso, xa se emitiron ao medio durante a súa produción alo menos tantos contaminantes como ese mesmo vehículo vai producir nos primeiros 100.000 km que percorra. E iso sen contar que a eliminación dos residuos que xera ao final da súa vida útil tamen xeran emisións contaminantes. Ademáis os vehiculos que fagan os trámites administrativos pagando máis de 500€ poderán seguir acollendose á exención, e non por facer ese pago un vehículo pasa a contaminar menos.

   Tampouco é unha medida que impoña ningunha lei, ou que non sexa competencia do concello, como quixo excusar nalgún momento o alcalde Juan J. Dieste, xa que a  lei 2/2004 de facendas locais dá competencias ao concello, si así o quixese a corporación, para seguir aplicando as bonificacións vixentes ate o dagora. De feito en todos os concellos da contorna (Noia, A Pobra, Ribeira,...) séguese aplicando sen problema. 


   Por todo isto dende Boiro Novo, logo da xuntaza informativa que tivemos o pasado 28 de Outubro,  na que constatamos un grande interese de moitas das persoas afectadas así coma a súa indignación con esta medida, imos facer alegacións en contra da mesma e animámos a toda a veciñanza afectada a que tamén o faga se así o estima oportuno. Asemade, deixamos aquí un modelo de documento de alegacións para que quen así o desexe o poida levar ao rexistro do concello. O prazo remata o 17 de novembro. Tamén animámos á asistencia ao pleno municipal de Decembro onde se debatirá a ratificación desta medida para mostrar o rexeitamento á mesma e intentar paralizala. Informaremos  tamén da data exacta deste pleno (supoñemos que na 2ª ou 3ª semana do mes) na nosa páxina de Facebook ( www.facebook.com/boironovo ) en canto teñamos a súa confirmación. 

Asamblea informátiva  do 28 de Outubro sobre a modificación do IVTM







Un ano sen Radio Boiro, 12 meses de menos democracia

Con motivo do primeiro aniversario do peche, por razóns ideolóxicas, de Radio Boiro, publicouse un artigo no Diario de Arousa firmado polos nosos compañeiros Néstor Sieira e Xurxo Triñanes. Queremolo tamén compartir aquí con vós:

Un ano sen Radio Boiro, 12 meses de menos democracia

   O pasado xoves 21 de xullo, cúmprese un ano do peche unilateral de Radio Boiro. Un peche que na práctica resultou ser unha privatización encuberta como puidemos comprobar posteriormente. A radio pública municipal era un medio de expresión co que a veciñanza do noso concello, e de concellos limítrofes, podía espallar polas ondas as súas afeccións, ideas, inquedanzas... Así mesmo gracias a súa colaboración cos centros educativos, tamén servía para que os nenos puidesen aprender que é e como funciona un medio de comunicación tan emblemático como é a radio. Por non falar do seu compromiso co deporte local de base, que sempre tiña espazo neste medio. Tamén foi unha ferramenta valiosa para vertebrar o mundo cultural, deportivo, político, informativo, e social nonsó do concello, senón de grande parte do Barbanza.

   As consecuencias un ano despois desta privatización son evidentes. A información local de proximidade ten que mendigar espazos, moitas veces sen éxito, desprazadas por noticias de ámbitos mais xerais, nas seccións comarcais dos xornais. A crónica social e política de Boiro redúcese ás notas de prensa que mandan as agrupacións e que na súa maior parte, por evidentes motivos de espazo, non chegan íntegras á xente. E en iso destacaban os profesionais que dirixían Radio Boiro: na súa procura de sacar a maior información de cada nova. Nunca se quedaban no mero comunicado, non se “casaban” con ninguén e sempre tentaban analizar, cunha inmensa profesionalidade, todas as perspectivas de cada un dos temas.

   Pero o alcalde de Boiro decidiu desfacerse da radio pública por motivos ideolóxicos, tal e como el mesmo o recoñeceu no pleno extraordinario onde se tratou o tema. Facendo gala dun fundamentalismo impropio ata de Margaret Thatcher, Angela Merkel ou Ronald Reagan, Juan José Dieste pechou o único medio de comunicación público co que contaba o pobo de Boiro. Dun día para outro, sen consultalo con ninguén e só un mes despois das eleccións municipais (a decisión de pechar Radio Boiro non foi mencionada nin unha soa vez durante a campaña electoral do ano pasado). Ao contrario de Juan José Dieste, e do Partido Popular, na Asemblea Cidadá Boiro Novo si cremos no público. Pensamos que calquera persoa cun sentido maduro da democracia entende que os medios de comunicación públicos, de todas e de todos, son vitais para ter unha sociedade desenrolada. Máis alá de que os medios privados poidan servir de altofalante ocasional á cidadanía, a existencia de espazos non dependentes de intereses privados e económicos é fundamental. Radio Boiro era unha emisora extradinariamente accesible. Cunha simple chamada calquera veciña ou veciño, asociación ou club deportivo tiña uns minutos en antena para contar, de viva voz, a súa pequena “historia”.
 
   Sen unha información veraz e exhaustiva, incluso nos pequenos núcleos de poboación, a democracia non pode ser completa; sen plataformas de difusión ás que a veciñanza poida acceder en condicións de igualdade e liberdade, tampouco. Radio Boiro garantía estes principios e é por iso polo que instamos ao goberno do PP de Boiro a que inicie os procedementos oportunos para que esta poida volver a emitir. Sabemos que o problema non é económico e estamos convencidos de que calquera tipo de traba administrativa podemos resolvela se existe vontade política. Non é admisible que a ideoloxía duns poucos limite o dereito da maioría a emitir as súas opinións.
NON AO PECHE DE RADIO BOIRO!"

Presentamos a nosa proposta de orzamentos alternativa ao PP

   Fronte aos presupostos inmobilistas presentados polo PP dende Boiro Novo propoñemos uns orzamentos máis sociais para fomentar o emprego, a trasparencia e a participación cidadá, así como a eliminación das desigualdades.

    Entre as propostas de carácter social Boiro Novo propón a creación dun comedor social público e a posta en funcionamento do centro de formación e o viveiro de empresas para facilitar o acceso das persoas ó mercado laboral. Outra das súas alegacións fai referencia á participación cidadá, ma que criticamos o feito de que nos orzamentos non apareza ningunha partida para que os veciños de cada unha das parroquias poidan decidir directamente cales son as súas prioridades. Cremos ademais necesario que se retomen proxectos hoxe esquecidos polo equipo de goberno como é o caso da rehabilitación do Pazo de Goiáns, a posta en valor do edificio das Colonias, a terceira fase do saneamento do río Coroño e a apertura do párking de A Boqueira de A Negral. Así mesmo reclamamos que o concello inste ó Ministerio de Economía e Facenda a realizar unha nova revisión catastral que permita minorar os valores catastrais dos inmobles, así como a publicación do propio documento orzamentario na páxina web municipal para que tódolos veciños poidan consultalo.