Amosando publicacións coa etiqueta Medio Ambiente. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Medio Ambiente. Amosar todas as publicacións

Dieste volve a mentir: No proxecto do Breiro non aparece ninguna repoboación das marxes do río con especies autóctonas.

   

   

Dende Boiro Novo queremos rebater as declaracións do alcalde na noticia de “La Voz de Galicia” publicada o 11/08/2017 nas que asegura que no proxecto aparece unha restauración das árbores cortadas na obra do colector do Río Breiro con especies autóctonas de ribeira.

   Se lemos o que di o proxecto, a única superficie na que figura a plantación de árbores é o entorno do estanque, co cal non podemos falar dunha repoboación propiamente dita, posto que alí non hai ningunha masa arbórea actualmente, só terreos de cultivo. Polo tanto en todo caso sería unha plantación e de ningún xeito na ríberia do río e tampouco con especies autóctonas, senón na maior parte dos casos de Liquidambar Americano (Liquidambar styraciflua: https://es.wikipedia.org/wiki/Liquidambar_styraciflua ) unha especie ornamental que como o seu nome indica é propia do Sureste Norteamericano e non das ribeiras galegas dos nosos ríos.  Polo tanto o alcalde ou ben non leu o proxecto ou esta directamente enganado as veciñas e veciños coas súas declaracións.

    Dentro do recadro vermello a especie elixida para a plantación


    Sínalar tamén que no proxecto o único que aparece na ribeira do río son precisamente as árbores xa existentes, dando a entender que a corta sería selectiva respectando a masa arbórea existente e non indiscriminada como o foi realmente ao final incumprindo co prometido:


  Detalle do plano, marcado en Azul, do arbolado existente que figura no proxecto e non foi respectado na execución:




   Por último con respecto á tala de arranque das obras sita nas proximidades do pavillón de Barraña, sinalar que non aparece no proxecto, e que as máquinas puideron perfectamente acceder á obra pola parte superior que enlaza coa Avda. da Constitución e a estrada a Abanqueiro tendo alí un lugar máis que suficiente, (máis grande que o Camp Nou como dí o alcalde) para almacenar o material e maquinaria a empregar sin saír dos límites do proxecto.



          Taláronse máis de 2000m2 de zona arbolada que non aparecía no proxecto

  Por todo isto é máis pertinente que nunca a moción que presentamos para asegurar o compromiso formal e non só palabras baleiras coa recuperación deste ecosistema autóctono:



Solicitamos que se paralice a tala indiscriminada no Breiro e se actúe na zona con criterios medioambientais e paisaxísticos

  Durante os últimos días poidemos comprobar como se están a talar de xeito indiscriminado case todas as árbores que hai á beira do Río Breiro. Non se trata dunha simple operación de clareo ou poda que poida estar xustificada para a ordenación no entorno, están directamente arrasando a eito con toda a flora autóctona de alto valor ecolóxico dese lugar.





  Dende Boiro Novo estamos a favor de que se faga un saneamento do río e adecente a zona, sendo isto ademáis algo que levabamos no noso programa. De feito no pleno de Maio de 2016 a nosa asamblea xunto con todos os grupos da corporación votamos a favor de facer unha actuación para a mellora deste espazo, sendo aprobado por unanimidade. Se cadra no goberno do concello de Boiro confunden limpar, desbrozar e adecentar un espazo natural con arrasalo todo. Así, actuando como están de xeito indiscriminado, dende logo non se debe de facer.

  Neste entorno había salgueiros, ameneiros, freixos (algúns de máis de 60 anos), carballos, uns cantos piñeiros, e unha zona de loureiros reais. O problema non é que se poida facer un clareo nos sitios onde estivesen máis densamente tupidos así como desbroces onde houbese moita maleza, algo completamente entendible. O problema é sinxelamente que van a eliminar todo sen valorar o impacto ecolóxico e habendo outras alternativas menos agresivas co medio e ao noso parecer paisaxístamente falando cun resultado mais estético. Nós tiñamos en mente no noso programa para a rexeneración da zona, algo parecido a esto:



  Pero como diciamos, de limpar, ordenar e sanear; a devastalo todo, hai unha grande diferencia, tanto que chega a ser peor o remedio que a enfermidade. O feito recórdanos á proposta de George Bush de cortar todas as árbores para que non houbese incendios e, se cadra, algo parecido tiñan en mente na Xunta e no Concello cando deseñaron esta actuación no Breiro.

  Por todo isto vimos de presentar unha solicitude urxente para que se paralice a tala de arbores e que se realice un estudo de ordenación paisaxística, atendendo a criterios ecolóxicos, que miniminice o impacto ambiental da actuación que se pretende facer alí (pódese tomar como exemplo a nosa proposta anteriormente mencionada) antes de seguir cos traballos da mesma.





É curioso que hai 7 anos o PP de Boiro, estando na oposición, poñía o grito no ceo (e con razón) porque Costas tamén ía a talar unhas árbores en Barraña pola mellora do saneamento:



Hoxe son eles os que están a arrasar con todo un monte un pouco máis arriba, ao lado do río Breiro. A diferencia está en que daquela o goberno negociara unha modificación na obra e finalmente só se cortou 1/5 das árbores previstas inicialmente. Por iso exixímoslle ao alcalde que tome exemplo e sexa coherente co que predicaba entón.


Boiro Novo impulsa a declaración de Boiro concello libre de circos con animais

Finalmente, no pleno do pasado 12 de maio, conseguimos que prosperase a nosa moción por unanimidade na que pedíamos que Boiro fose declarado concello libre de circos con animais. Agradecer dende aquí ás asociacións animalistas Vox Ánima e Libera polo seu traballo, sin el non seríamos quen de acadalo.

Boiro Novo solicita a retirada da Lei de Acuicultura

O anteproxecto de Lei de Acuicultura da Xunta de Galicia abre a porta á entrada das multinacionais e á privatizacion do noso mar, que é un dos piares fundamentais da economía do noso municipio. Tendo en conta isto vimos de prensentar unha moción no pleno para que o concello de Boiro se sume a outros consistorios, entidades, confrarías e asociacións de bateeiros que están a pedir a retirada de este proxecto tan lesivo para os nosos traballadores e traballadoras do sector.
Tamén por iso celebraremos unha charla informativa o venres día 15 de Xaneiro na que contaremos con Juan Fajardo, deputado de AGE membro da comisión de pesca do Parlamento de Galicia, que nos explicará os pormenores desta lei de acuicultura que quere aprobar a Xunta.