Amosando publicacións coa etiqueta Pesca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pesca. Amosar todas as publicacións

A continuidade do PP no goberno pon en risco o medio de vida da xente do mar.

   Os pantaláns de Cabo de Cruz, que tiñan que estar colocados antes do fin desta lexislatura, son outra das promesas incumpridas do goberno de Alberto Núñez Feijoó e Juan José Dieste. Onte estivemos con Juan Fajardo, candidato de En Marea e deputado de AGE, para recordar o lesivas que foron as políticas do PP para sector pesqueiro, bateeiro, e marisqueiro de Galicia e concretamente do noso concello.

 
 Juan Fajado xunto con integrantes de Boiro Novo no Porto de Cabo de Cruz  

 

 Os pantaláns do Porto de Cabo de Cruz: máis de 5 anos de promesas incumpridas

   Ademáis de recordar como asuntos tan importantes coma a Lei de Acuicultura que seguen estando nun caixón do PP á espera de que pasen ás eleccións para poder vender as nosas rías ao mellor postor, tamén recordamos como xa van 5 anos dende a primeira vez que o PP de Núñez Feijoó e do alcalde Juan José Dieste prometeran que ían ter instalados os pantalans no porto crucense. 

   Esta promesa, que foi repetida en cada período electoral que houbo dende o 2011, semella unha burla para os e as traballadoras do mar do noso concello. A realidade é que novamente remata outra lexislatura e o Porto de Cabo de Cruz seguen sen contar con esta infraestructura tan necesaria para os e as usuarias do mesmo. Tan só unha nota nunha partida presupostaria que non chega nin para a décima parte do custe da súa instalación e que a estas alturas, sen tan sequera ter posto o primeiro pilote, moito nos tememos que novamente volte a quedarse en mera propaganda electoral.

Máis de 5 anos dende a 1ª data fixada polo PP para a instalación dos pantaláns

   É por iso que dende Boiro Novo estamos fartos de que o PP continúe xogando coa boa fe da xente do mar e cremos que esta burla ten que rematar dunha vez. Tiveron dúas lexislaturas para cumprir cun dereito que ten a veciñanza crucense quedando claro unha vez máis a súa incompetencia para xestionar o público demostrando que non merecen seguir gobernando este país e este concello.

Pancarta posta por Boiro Novo exixindo que o PP deixe de facer campaña cos dereitos da xente do mar

Boiro Novo solicita a retirada da Lei de Acuicultura

O anteproxecto de Lei de Acuicultura da Xunta de Galicia abre a porta á entrada das multinacionais e á privatizacion do noso mar, que é un dos piares fundamentais da economía do noso municipio. Tendo en conta isto vimos de prensentar unha moción no pleno para que o concello de Boiro se sume a outros consistorios, entidades, confrarías e asociacións de bateeiros que están a pedir a retirada de este proxecto tan lesivo para os nosos traballadores e traballadoras do sector.
Tamén por iso celebraremos unha charla informativa o venres día 15 de Xaneiro na que contaremos con Juan Fajardo, deputado de AGE membro da comisión de pesca do Parlamento de Galicia, que nos explicará os pormenores desta lei de acuicultura que quere aprobar a Xunta.