Reclamamos melloras na estrada de Boiro a Abanqueiro e Cespón (DP-1106)

   Para a nosa asemblea  a seguridade vial en Boiro é unha das nosas principais preocupacións. Tal e como marca a lei o concello ten competencia directa na adopción de medidas que supoñan unha mellora da seguridade vial en todo o termo municipal. 

   A estrada DP-1106 ten unha capacidade de tráfico moi elevada por ser a principal vía de chegada para os núcleos mais importantes das parroquias de Abanqueiro e Cespón así como de multitude de traballadoras/es que se dirixen a fábrica conserveira de Jealsa, ademáis é empregada por numerosos viandantes para desprazarse entre os distintos núcleos que percorre. 

   Sen embargo esta estrada presenta unha serie de deficiencias que supoñen un perigo para usuarios da mesma, sobre todo para os peóns, que en moitas ocasións vense obrigados a transitar polo asfalto, sendo de especial preocupación aqueles lugares onde hai menores que agardan polo autobús escolar. 
Poza que impide transitar pola beirarrua preto do casco urbano


  Por todo isto a Asemblea Cidadá Boiro Novo ven de presentar unha mocíón para solicitar un plan de actuación integral en dita estrada que acometa entre outras as seguintes actuacións: 

1. De forma urxente e inmediata se sinalice de forma visible mesmo con sinais luminosas a parada de autobús escolar sita no lugar de Pazos en Cespón. Así mesmo solicitamos que se instalen elementos que controlen a velocidade dos vehículos en dito punto 
1.1 Se inicien os trámites para trasladar dita parada a un lugar máis seguro, se instale un paso de peóns e se instalen os elementos necesarios para garantir a seguridade na zona. 

Mala visibilidade na parada do Lugar de Pazos
2. A instalación de beirarrúas, así como a mellora da iluminación nos puntos onde esta sexa deficiente. 

Tramo de Ferreiros sin beirarrúas


3. A reposición da parada de autobús sita no lugar do Bodión. 

4. A mellora da sinalización do cruce que parte do lugar de San en dirección ao Saltiño. 

 

5. O arranxo dos tramos de beirarrúa, especialmente e polo seu mal estado:
         - Aquel que une o casco urbano de Boiro co lugar de San
         - Nas inmediacións á farmacia do Monte do Seán

 6. Actuación sobre as lombas redutoras de velocidade sitas en dita estrada, actualmente en mal estado debido a falta de mantemento

Comparte esta publicación

Related Posts

Seguinte
Next Post »