O Plan de Acción Social (PAS) son uns fondos que recibe o Concello
destinados a "mellorar as condicións de vida da poboación,
principalmente da infancia, da mocidade, das mulleres e das persoas con
diversidades funcionais". Dende Boiro Novo quixemos achegar ao pleno da
corporación a nosa proposta, reclamada por moitos pais e nais, de facer
un parque cuberto que tamén fose accesible para os nenos que o precisen.
Así mesmo tamen propoñemos dotar a ese parque de outros servizos, como
aseos con cambiadores, mesas e bancos ou tamén un espazo con aparellos
biosaudables, entre outras propostas.
Comparte esta publicación