Amosando publicacións coa etiqueta Cultura e patrimonio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cultura e patrimonio. Amosar todas as publicacións

Demandamos varias melloras na parroquia de Bealo

Xa hai  algúns meses, foi a nosa asemblea a que levoi a pleno a moción para a acometida de rede de auga na parroquia de Bealo sendo aprobada por unanimidade.

Pero este servizo básico non é o único do que adoece esta parroquia que carece de numerosas instalacións. No lugar de Ponte Beluso non se repuxo o tobogan e as canastras do  parque infantil retirados no seu día e faltan equipamentos de lecer.


Parque infantil sen apenas elementos de xogo

 
A mellora da seguridade viaria na estrada da Amanecida ó Confurco na que o primeiro paso de peóns apenas ten visibilidade ou a dinamización da antiga escola unitaria  dotando de contidos culturais ao local social son outras das demandas que trasladamos á
corporaciñon.
Paso de peóns sin visibilidade

Nun rural coma o de Boiro no que cada vez se está perdendo máis poboación, compre dotar as parroquias do maior numero de servizos posibles que axuden a fixar poboación e eviten este esmorecemento demográfico.


"O Pazo vai caer pola culpa do PP"

O pasado 17 de maio celebramos un ano máis o Día das Letras Galegas no Pazo de Goiáns. É unha mágoa observar como se acelera o seu deterioro por culpa da desidia do goberno do PP que nin sequera se dignou a aparecer nun acto cultural tan importante para Boiro coma o de onte. Por iso quixemos exixir de novo a súa restauración e posta en valor como patrimonio cultural e arquitectónico do noso concello. ‪#‎REHABILITACIÓN_XA‬!