Son moitas as persoas, dende xente con diversidades funcionais, persoas
anciáns e familias que utilizan carriños de bebés, as que se
beneficiarían dun plan de acesibilidade. Dende Boiro Novo queremos que o
concello se comprometa de forma clara e a longo prazo con esta mellora
da accesibilidade, destinando todos os anos recursos económicos para
este fin. Por iso vimos de presentar unha moción para que o concello
destine unha parte da subvención que recibe anualmente da Deputación
para obras e servizos, a financiar este plan de mellora da acesibilidade
en Boiro, tanto no rural, como nas zonas urbanas.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
