Boiro Novo demanda a reactivación da
concentración parcelaria nas parroquias do rural. A culminación deste
proceso, que leva catro anos, suporía un importante factor de
dinamización económica poñendo en valor o agro.
O deputado de AGE, Antón Sánchez, desprazouse ata Boiro para apoiar a
candidatura da nova formación e demandar á Xunta de Galicia e ós
concellos, nos aspectos que sexan da súa competencia, a impulsar o rural
para favorecer a implantación de xente nova no agro.
Comparte esta publicación