Dieste perde a subvención para instalar contedores de recollida de aceite usado

   Dende Boiro Novo denunciamos a perda por parte do goberno de Boiro da subvención do plan PIMA do Ministerio de Medio Ambiente para a instalación de contedores de recollida de aceites usados e a instalación de composteiros para residuos orgánicos. O noso concello polo tanto queda así por detrás de outros da nosa contorna que xa contan con esas medidas de reciclaxe como A Pobra, Rianxo, Noia, etc…

Novos contedores para aceite usado na Pobra

   Unha vez máis volvemos a ver de novo con preocupación, outra clara mostra da falla de compromiso do goberno de Boiro co medio ambiente, que nin sequera é quen de facer un simple trámite sen custo económico para o concello que permitiría axudar de xeito notable na preservación dos nosos ecosistemas ambientais, especialmente o acuático e maríño  que xeran moitos centos de postos de traballo en Boiro.

   Hai que sinalar tamén o problema que hai cos sistemas de saneamento de augas no noso concello algo do que os veciños se veñen queixando dende hai xa varios meses, e o alto grao de poder contaminante que ten o aceite usado. Non nos explicamos como o goberno do PP non inverte en solucionar os problemas no seu orixe, tomando medidas coma as que se se incentivan con esta subvención do Ministerio, e se adica únicamente a poñer parches cando o mal xa está feito

   Queremos poñer en valor ademáis, que na nosa contorna e tamén no noso concello existen iniciativas locais de pequenas empresas que se adican ao tratamento destes residuos, que ven como o goberno de Dieste lles dá a espalda cando estas iniciativas de reciclaxe, ademáis da labor medioambiental que fan de por si, poderían estar creando postos de traballo no noso concello e contorna.


        Por todo iso vimos de solicitar ao goberno de Boiro que o concello, en colaboración coas iniciativas locais para o tratamento e reciclaxe de aceites usados, instale contedores de recollida destes aceites en todas as parroquias do concello así como en varios puntos do casco urbano e principais núcleos de poboación.



e

Comparte esta publicación

Related Posts

Seguinte
Next Post »

2 comentarios

comentarios
sk
18 de setembro de 2020, 12:39 delete

Profit primarily prime quality items -- you can understand them all within: Gestión Residuos

Reply
avatar
sk
13 de novembro de 2020, 00:12 delete

Below you will understand what is important, the idea provides one of the links with an exciting site: pinay

Reply
avatar