Boiro Novo propón medidas para a dinamización do mercadillo

  O futuro do mercadillo de Boiro está en perigo de serguir minguando como ata o dagora. Mentres o Alcalde pon excusas botándolle a culpa a todo o mundo sen el asumir responsabilidades, dende a nosa asemblea facemos propostas para volver a ter un mercado exitoso que axude a dinamizar a economía do noso concello.

 
Ante a baixada de postos que acoden semanalmente ó mercadiño ambulante dos martes, dende Boiro Novo propoñemos unha serie de medidas para a súa dinamización. Consideramos que tanto a escaseza de servizos para os potenciais clientes como a falla de espazos de aparcamento ou aseos públicos están detrás desta baixa afluencia. Por estas razóns propoñemos a creación dunha comisión na que ademais dos grupos políticos participen representantes do comercio local e dos vendedores ambulantes co fin de consensuar medidas de dinamización. Unha comisión que debería abordar tamén a posible reubicación do mercado, tal e como teñen solicitado algúns comerciantes.

Comparte esta publicación

Related Posts

Seguinte
Next Post »