Dende Boiro Novo denunciamos a
perda por parte do goberno de Boiro da subvención do plan PIMA do Ministerio de Medio
Ambiente para a instalación de contedores de recollida de aceites usados e a
instalación de composteiros para residuos orgánicos. O noso concello polo tanto queda así
por detrás de outros da nosa contorna que xa contan con esas medidas de
reciclaxe como A Pobra, Rianxo, Noia, etc…
Unha vez máis volvemos a ver de novo con preocupación, outra clara mostra da falla de
compromiso do goberno de Boiro co medio ambiente, que nin sequera é quen de
facer un simple trámite sen custo económico para o concello que permitiría
axudar de xeito notable na preservación dos nosos ecosistemas ambientais,
especialmente o acuático e maríño que
xeran moitos centos de postos de traballo en Boiro.
Hai que sinalar tamén o problema
que hai cos sistemas de saneamento de augas no noso concello algo do que os veciños
se veñen queixando dende hai xa varios meses, e o alto grao de poder
contaminante que ten o aceite usado. Non nos explicamos como o goberno do PP
non inverte en solucionar os problemas no seu orixe, tomando medidas coma as que se se incentivan con esta subvención do
Ministerio, e se adica únicamente a poñer parches cando o mal xa está feito
Queremos poñer en valor
ademáis, que na nosa contorna e tamén no noso concello existen iniciativas
locais de pequenas empresas que se adican ao tratamento destes residuos, que
ven como o goberno de Dieste lles dá a espalda cando estas iniciativas de
reciclaxe, ademáis da labor medioambiental
que fan de por si, poderían estar creando postos de traballo no noso concello e
contorna.
Por todo iso vimos de solicitar ao goberno de Boiro que o concello, en colaboración coas iniciativas
locais para o tratamento e reciclaxe de aceites usados, instale contedores de
recollida destes aceites en todas as parroquias do concello así como en varios
puntos do casco urbano e principais núcleos de poboación.
e

2 comentarios
comentariosProfit primarily prime quality items -- you can understand them all within: Gestión Residuos
ReplyBelow you will understand what is important, the idea provides one of the links with an exciting site: pinay
Reply