Amosando publicacións coa etiqueta Urbanismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Urbanismo. Amosar todas as publicacións

Exiximos que o Alcalde non gaste os cartos en poñerse placas e si en abrir o aparcadoido de Anegral

   Dende Boiro Novo parécenos un absurdo que se gasten máis de 100.000€ nunha obra que ninguén demandou como é o enlousado con pedra das inmediacións do aparcadoiro de Anegral, mentres o propio parking segue pechado coa grave falla de aparcamento que temos en Boiro. Volvemos a comprobar como o único que lle interesa ao alcalde é sacarse a foto e poñer o seu nome nunha placa en vez solucionar os problemas dos veciños.

    Máis aínda, o alcalde ten o cinísmo de acusar a nosa concelleira Dores Torrado de mentir ao denunciar que a inversión foi feita para darlle uso a unha superficie comercial, cando foi él mesmo hai 6 meses, no pleno de Novembro do pasado ano, o que fixo unha modificación urbanística  do plan parcial de Barraña xusto con ese propósito (Pincha para ver o expediente de modificaicíon urbanística completo):





   Para Boiro Novo o que é claramente un clamor popular e solucionar a grave falta de aparcamento que ten o noso Concello. É un despropósito que un ano máis se acheguen as festas do Verán, e o único no que fixo o Alcalde en Anegral sexa poñer unha placa co seu nome nunha obra que ninguén pediu e cun custo desorbitado, en vez de gastar os recursos en solucionar os problemas da veciñanza tendo lista a apertura do parking antes da tempada estival e das festas como sería propio de un goberno decente e non da falla de xestión á que acostuma o Alcalde do PP.

Propostas de Boiro Novo para recuperar e dinamizar a Rúa Principal

   Dende Boiro Novo queremos facer unha oposición construtiva para os intereses da nosa veciñanza. Por iso vimos de propoñer que o concello se adira aos plans estatais e autonómicos de recuperación de zonas degradadas e a veciñanza poida acceder ás subvencións para rehabilitar que van aparelladas.

   Lamentablemente os intereses da xente non coiciden na maioría das veces cos do goberno do PP, xa que, a pesar de conseguirmos hai un ano un acordo plenario a proposta do noso grupo para recuperar e dinamizar a Rúa Principal, non se moveu un dedo por esta emblemática rúa de Boiro. Ante a falla de ideas por parte do executivo local, a nosa asemblea proponlle ó goberno a declaración da rúa principal e a súa contorna como Área de Rehabilitación Integral botando man tanto do Plan Rehabita 2015-2010 da Xunta comoa o Plan Estatal de Vivenda 2018 2021. Esta situación permitiría ós propietarios de edificios nesta zona poder acollerse ás subvencións para a conservación ou mantemento das súas propiedades.
















Moción presentada por Boiro Novo

Moción presentada por Boiro Novo