Dieste insulta á cidadanía por exercer os seus dereitos



  

 Nunha nova publicada no xornal La Voz de Galicia na sección Barbanza o pasado domingo 20 de novembro, puidemos observar con sorpresa e indignación como o alcalde do PP, J. Dieste, tilda de defraudadores a moitos e moitas cidadás de este concello por exercer o dereito que ata o de agora lles recoñece a lei de acollerse á bonificación que teñen os vehículos clásicos de máis de 25 anos,  ata chegando a sinrazón de comparar o exercicio legal de este dereito con accións mesmo nalgún caso delictivas como pode ser a de manipular os contadores da auga ou a suplantación da tarxeta de discapacitados.   
Modelo de alegacións presentado por varios afectados

Declaracións do Alcade J. Dieste
    Estamos ante un feito gravísmo: un alcalde que, para xustificar decisións  políticas inxustas, insulta de xeito demencial á veciñanza que exerce os seus dereitos recoñecidos. Demostra unha actitude autoritaria, propia de outros tempos, que indica claramente que non está capacitado para o cargo que ocupa. Por iso dende Boiro Novo exiximos que o alcalde Dieste rectifique publicamente e pida desculpas a aqueles veciños que, con razón, se poidesen sentir ofendidos e/ou insultados por esas moi pouco afortunadas declaracións.
  
    Aproveitamos tamén para volver sinalar que a inmensa maioría dos casos aos que afecta directamente esta ordenanza que pretende aprobar o PP, son persoas xubiladas e traballadoras ás que a súa situación financiera non lles permite costearse un vehiculo novo e máis nun contexto de crise económica coma o actual; polo que non desfrutan dun privilexio, senón dun dereito que a lei lles recoñece e que o goberno do PP quere suprimir para facer caixa. Por outra banda o goberno minte claramente decindo que as alegacións presentadas non son de xente afectada, algunhas de elas mesmo van acompañadas dunha copia da documentación do vehículo, por non falar de que potencialmente calquera modificación na carga impositiva afecta directa ou indirectamente a toda a veciñanza.

Solicitudes presentadas polos veciños pola modificación do IVTM


   Ademáis é evidente que estamos ante unha medida claramente recadatoria xa que, coa proposta do goberno, aqueles propietarios que abonen máis de 500€ en taxas para dar de alta o seu vehículo como histórico, poderán seguir beneficiándose desta bonificación, desmontando claramente a argumentación dada polo Alcalde.

Comparte esta publicación

Related Posts

Seguinte
Next Post »