Amosando publicacións coa etiqueta Economía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Economía. Amosar todas as publicacións

Dieste insulta á cidadanía por exercer os seus dereitos



  

 Nunha nova publicada no xornal La Voz de Galicia na sección Barbanza o pasado domingo 20 de novembro, puidemos observar con sorpresa e indignación como o alcalde do PP, J. Dieste, tilda de defraudadores a moitos e moitas cidadás de este concello por exercer o dereito que ata o de agora lles recoñece a lei de acollerse á bonificación que teñen os vehículos clásicos de máis de 25 anos,  ata chegando a sinrazón de comparar o exercicio legal de este dereito con accións mesmo nalgún caso delictivas como pode ser a de manipular os contadores da auga ou a suplantación da tarxeta de discapacitados.   
Modelo de alegacións presentado por varios afectados

Declaracións do Alcade J. Dieste
    Estamos ante un feito gravísmo: un alcalde que, para xustificar decisións  políticas inxustas, insulta de xeito demencial á veciñanza que exerce os seus dereitos recoñecidos. Demostra unha actitude autoritaria, propia de outros tempos, que indica claramente que non está capacitado para o cargo que ocupa. Por iso dende Boiro Novo exiximos que o alcalde Dieste rectifique publicamente e pida desculpas a aqueles veciños que, con razón, se poidesen sentir ofendidos e/ou insultados por esas moi pouco afortunadas declaracións.
  
    Aproveitamos tamén para volver sinalar que a inmensa maioría dos casos aos que afecta directamente esta ordenanza que pretende aprobar o PP, son persoas xubiladas e traballadoras ás que a súa situación financiera non lles permite costearse un vehiculo novo e máis nun contexto de crise económica coma o actual; polo que non desfrutan dun privilexio, senón dun dereito que a lei lles recoñece e que o goberno do PP quere suprimir para facer caixa. Por outra banda o goberno minte claramente decindo que as alegacións presentadas non son de xente afectada, algunhas de elas mesmo van acompañadas dunha copia da documentación do vehículo, por non falar de que potencialmente calquera modificación na carga impositiva afecta directa ou indirectamente a toda a veciñanza.

Solicitudes presentadas polos veciños pola modificación do IVTM


   Ademáis é evidente que estamos ante unha medida claramente recadatoria xa que, coa proposta do goberno, aqueles propietarios que abonen máis de 500€ en taxas para dar de alta o seu vehículo como histórico, poderán seguir beneficiándose desta bonificación, desmontando claramente a argumentación dada polo Alcalde.

Boiro Novo presentará alegacións contra a suba do imposto de circulación a vehículos de máis de 25 anos.

   No pasado pleno aprobouse a ordenanza que retira a bonificación que recibían os vehículos de máis de 25 anos. Na normativa vixente ate o dagora, calquer vehículo que cumprira dita antigüidade tiña dereito a ser beneficiario da exención impositiva con só solicitalo no concello, pero dende a entrada en vigor da norma aprobada no pleno municipal de setembro, estes automóbiles deberán pasar uns trámites admnistrativos previos cun custo aproximado de 500€ en taxas se queren seguir desfrutando da mesma.
  
   Dende Boiro Novo cremos que esta medida perxudica gravemente a moitas familias que non poden costearse a compra dun coche novo, máis aínda nun contexto de crise como o actual, xa que terán que afrontar un gasto extra para as súas economías de ata máis de 140€ nalgúns casos. Cónstanos ademáis que esta decisión ten exclusivamente un carácter político e recadatorio, e non técnico como quere facer ver o goberno. 

   Para comezar, se a analizamos polo miudo non é certo que sexa unha medida ecoloxica:  O primerio dos tres principios ou "erres" da ecoloxía (Reducir, Reutilizar e Reciclar) é precisamente o de Reducir, e isto é así porque na fabricación de case  calquer produto prodúcense en maior ou menor medida emisións contaminantes ao medio ambiente. No caso dun automóbil, aínda antes do seu 1º uso, xa se emitiron ao medio durante a súa produción alo menos tantos contaminantes como ese mesmo vehículo vai producir nos primeiros 100.000 km que percorra. E iso sen contar que a eliminación dos residuos que xera ao final da súa vida útil tamen xeran emisións contaminantes. Ademáis os vehiculos que fagan os trámites administrativos pagando máis de 500€ poderán seguir acollendose á exención, e non por facer ese pago un vehículo pasa a contaminar menos.

   Tampouco é unha medida que impoña ningunha lei, ou que non sexa competencia do concello, como quixo excusar nalgún momento o alcalde Juan J. Dieste, xa que a  lei 2/2004 de facendas locais dá competencias ao concello, si así o quixese a corporación, para seguir aplicando as bonificacións vixentes ate o dagora. De feito en todos os concellos da contorna (Noia, A Pobra, Ribeira,...) séguese aplicando sen problema. 


   Por todo isto dende Boiro Novo, logo da xuntaza informativa que tivemos o pasado 28 de Outubro,  na que constatamos un grande interese de moitas das persoas afectadas así coma a súa indignación con esta medida, imos facer alegacións en contra da mesma e animámos a toda a veciñanza afectada a que tamén o faga se así o estima oportuno. Asemade, deixamos aquí un modelo de documento de alegacións para que quen así o desexe o poida levar ao rexistro do concello. O prazo remata o 17 de novembro. Tamén animámos á asistencia ao pleno municipal de Decembro onde se debatirá a ratificación desta medida para mostrar o rexeitamento á mesma e intentar paralizala. Informaremos  tamén da data exacta deste pleno (supoñemos que na 2ª ou 3ª semana do mes) na nosa páxina de Facebook ( www.facebook.com/boironovo ) en canto teñamos a súa confirmación. 

Asamblea informátiva  do 28 de Outubro sobre a modificación do IVTM







Presentamos a nosa proposta de orzamentos alternativa ao PP

   Fronte aos presupostos inmobilistas presentados polo PP dende Boiro Novo propoñemos uns orzamentos máis sociais para fomentar o emprego, a trasparencia e a participación cidadá, así como a eliminación das desigualdades.

    Entre as propostas de carácter social Boiro Novo propón a creación dun comedor social público e a posta en funcionamento do centro de formación e o viveiro de empresas para facilitar o acceso das persoas ó mercado laboral. Outra das súas alegacións fai referencia á participación cidadá, ma que criticamos o feito de que nos orzamentos non apareza ningunha partida para que os veciños de cada unha das parroquias poidan decidir directamente cales son as súas prioridades. Cremos ademais necesario que se retomen proxectos hoxe esquecidos polo equipo de goberno como é o caso da rehabilitación do Pazo de Goiáns, a posta en valor do edificio das Colonias, a terceira fase do saneamento do río Coroño e a apertura do párking de A Boqueira de A Negral. Así mesmo reclamamos que o concello inste ó Ministerio de Economía e Facenda a realizar unha nova revisión catastral que permita minorar os valores catastrais dos inmobles, así como a publicación do propio documento orzamentario na páxina web municipal para que tódolos veciños poidan consultalo.

Adianto do Cobro do IBI

Logo de pagar o IBI este ano no mes de decembro, o PP obrigará a que as familias volvan a ter que sufragar este imposto de novo no próximo mes de abril. É evidente que ter que volver pagar en tan pouco tempo un imposto no que en moitos casos a súa contía ascende a varios centos de euros é claramente lesivo para a veciñanza do noso concello, tendo tamén en conta que o fracionamento que propón o PP para defender esta medida quédase na práctica en nada xa que o goberno propón o pago dos 3 prazos en apenas 2 meses.
 
A causa evidente do porqué do adianto deste cobro da contribución podemola ver nesta imaxe, que cremos é bastante clarificadora da situación contable do noso concello.

Á esquerda está a noticia de hai pouco máis dun mes, que sitúa ao noso concello coma o que máis se endebedou durante o ano 2015. Á dereita e encadrado en vermello, os ingresos que recauda o concello anualmente polo cobro do IBI. Vese polo tanto que o goberno colleu o "camiño facil" facendo recaer sobre as maltreitas economias da xente o pago dos seus "pufos" da camapaña electoral.



Por iso Boiro Novo vimos de facer unha proposta ao goberno de flexibilización real deste pago aumentando o período presentado polo goberno tanto dos prazos, para que se espacien ao longo do ano, como das datas de pago voluntarias e que así os veciños e veciñas do noso concello poidan facer fronte a este imposto de un xeito moito mais cómodo para a súa economía.