Boiro Novo presentará alegacións contra a suba do imposto de circulación a vehículos de máis de 25 anos.

   No pasado pleno aprobouse a ordenanza que retira a bonificación que recibían os vehículos de máis de 25 anos. Na normativa vixente ate o dagora, calquer vehículo que cumprira dita antigüidade tiña dereito a ser beneficiario da exención impositiva con só solicitalo no concello, pero dende a entrada en vigor da norma aprobada no pleno municipal de setembro, estes automóbiles deberán pasar uns trámites admnistrativos previos cun custo aproximado de 500€ en taxas se queren seguir desfrutando da mesma.
  
   Dende Boiro Novo cremos que esta medida perxudica gravemente a moitas familias que non poden costearse a compra dun coche novo, máis aínda nun contexto de crise como o actual, xa que terán que afrontar un gasto extra para as súas economías de ata máis de 140€ nalgúns casos. Cónstanos ademáis que esta decisión ten exclusivamente un carácter político e recadatorio, e non técnico como quere facer ver o goberno. 

   Para comezar, se a analizamos polo miudo non é certo que sexa unha medida ecoloxica:  O primerio dos tres principios ou "erres" da ecoloxía (Reducir, Reutilizar e Reciclar) é precisamente o de Reducir, e isto é así porque na fabricación de case  calquer produto prodúcense en maior ou menor medida emisións contaminantes ao medio ambiente. No caso dun automóbil, aínda antes do seu 1º uso, xa se emitiron ao medio durante a súa produción alo menos tantos contaminantes como ese mesmo vehículo vai producir nos primeiros 100.000 km que percorra. E iso sen contar que a eliminación dos residuos que xera ao final da súa vida útil tamen xeran emisións contaminantes. Ademáis os vehiculos que fagan os trámites administrativos pagando máis de 500€ poderán seguir acollendose á exención, e non por facer ese pago un vehículo pasa a contaminar menos.

   Tampouco é unha medida que impoña ningunha lei, ou que non sexa competencia do concello, como quixo excusar nalgún momento o alcalde Juan J. Dieste, xa que a  lei 2/2004 de facendas locais dá competencias ao concello, si así o quixese a corporación, para seguir aplicando as bonificacións vixentes ate o dagora. De feito en todos os concellos da contorna (Noia, A Pobra, Ribeira,...) séguese aplicando sen problema. 


   Por todo isto dende Boiro Novo, logo da xuntaza informativa que tivemos o pasado 28 de Outubro,  na que constatamos un grande interese de moitas das persoas afectadas así coma a súa indignación con esta medida, imos facer alegacións en contra da mesma e animámos a toda a veciñanza afectada a que tamén o faga se así o estima oportuno. Asemade, deixamos aquí un modelo de documento de alegacións para que quen así o desexe o poida levar ao rexistro do concello. O prazo remata o 17 de novembro. Tamén animámos á asistencia ao pleno municipal de Decembro onde se debatirá a ratificación desta medida para mostrar o rexeitamento á mesma e intentar paralizala. Informaremos  tamén da data exacta deste pleno (supoñemos que na 2ª ou 3ª semana do mes) na nosa páxina de Facebook ( www.facebook.com/boironovo ) en canto teñamos a súa confirmación. 

Asamblea informátiva  do 28 de Outubro sobre a modificación do IVTM







Comparte esta publicación

Related Posts

Seguinte
Next Post »