A exclusión social medra, a crise económica non remite e son moitas as
persoas sen ingresos que esgotaron calquera prestación ou subsidio. Isto
sumado á dificultade de inserción laboral que sofren moitos boirenses,
provoca un incremento da pobreza e da exclusión social que non podemos
permitir nunha sociedade avanzada. Por iso trasladaremos ó pleno unha
moción na que demandamos a aprobación dunha ordenanza municipal que
regule unha serie de medidas encamiñadas a erradicación das situacións
de emerxencia social no noso concello e poida cubrir gastos mínimos
familiares de subsistencia, como a electricidade, calefacción, auga,
aloxamento e manutención básica
Comparte esta publicación