Amosando publicacións coa etiqueta Servicios sociais e igualdade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Servicios sociais e igualdade. Amosar todas as publicacións

Boiro Novo demanda a rehabilitación das antigas vivendas dos mestres

O dereito a unha vivenda digna continúa a ser papel mollado no noso país. Por iso, para Boiro Novo a aplicación de políticas municipais neste sentido, que vaian máis aló do piche e da propaganda, deben ser unha prioridade na axenda municipal do noso Concello.

En base a isto presentamos unha proposta ó vindeiro pleno solicitando a rehabilitación das antigas vivendas dos mestres, situadas na zona de Praia Xardín, hoxe inutilizadas e nun estado lamentable de conservación. Para levar a cabo o seu adecentamento, solicitamos que o concello se acolla a unha liña de axudas da Xunta para este fin. Unha vez rehabilitadas, as vivendas estarían listas para ser destinadas a garantir o dereito a unha vivenda digna ás persoas con menos recursos do Concello.

O PP recorta de novo en Boiro. Troca o servizo de cociña do centro de día por outro de cátering requente.

Para a Xunta cambiar un servicio de cociña por outro de cátering con comida requente non parece un cambio significativo como para informar ás persoas usuarias.  Así foi como o goberno do PP lle contestou a deputada de En Marea, Paula Verao, cando trasladou ao parlamento o malestar xerado por este cambio. Mesmo nun intento de menosprezar a intelixencia das persoas usuarias chegan a denominar a esta comida requente co eufemismo de "comida rexenerada no forno".


Dende Boiro Novo imos a seguir presionando para que se restableza o servizo de cociña coa calidade que se desfrutaba ate o dagora e exixirémoslle ao goberno municipal do PP que se posicione a favor da veciñanza e non, como ten por costume, se limite a acatar coa cabeza agochada as decisións do seu partido mesmo cando perxudican ao noso concello como volve a ocorrer unha vez máis neste novo caso.

Renda social para as persoas máis desfavorecidas do concello

A exclusión social medra, a crise económica non remite e son moitas as persoas sen ingresos que esgotaron calquera prestación ou subsidio. Isto sumado á dificultade de inserción laboral que sofren moitos boirenses, provoca un incremento da pobreza e da exclusión social que non podemos permitir nunha sociedade avanzada. Por iso trasladaremos ó pleno unha moción na que demandamos a aprobación dunha ordenanza municipal que regule unha serie de medidas encamiñadas a erradicación das situacións de emerxencia social no noso concello e poida cubrir gastos mínimos familiares de subsistencia, como a electricidade, calefacción, auga, aloxamento e manutención básica

Propostas para mellorar a vida das mulleres de Boiro

A defensa dos dereitos da muller non se pode quedar únicamente en meros formalismos institucionais. Por iso dende Boiro Novo propoñemos unha serie de medidas concretas para axudar a mellorar a vida laboral e a conciliación das mulleres do noso concello.
  • Apertura dos aseos das praias para as mariscadoras, non só en época turística.  



  • Habilitar cambiadores de cueiros en baños tanto masculinos como femininos de edificios públicos así como salas de lactancia.

  • Crear becas ludoteca para aquelas nais con poucos recursos que por causas de traballo teñan que deixar aos seus fillos en horario non lectivo.