A defensa dos dereitos da muller non se pode quedar únicamente en meros
formalismos institucionais. Por iso dende Boiro Novo propoñemos unha
serie de medidas concretas para axudar a mellorar a vida laboral e a
conciliación das mulleres do noso concello.
- Apertura dos aseos das praias para as mariscadoras, non só en época turística.
- Habilitar cambiadores de cueiros en baños tanto masculinos como femininos de edificios públicos así como salas de lactancia.
- Crear becas ludoteca para aquelas nais con poucos recursos que por
causas de traballo teñan que deixar aos seus fillos en horario non
lectivo.
Comparte esta publicación