Dende Boiro Novo queremos rebater as declaracións do alcalde na noticia de “La Voz de Galicia” publicada o 11/08/2017 nas que asegura que no proxecto aparece unha restauración das árbores cortadas na obra do colector do Río Breiro con especies autóctonas de ribeira.
Se lemos o que di o proxecto, a única superficie na que figura a plantación de árbores é o entorno do estanque, co cal non podemos falar dunha repoboación propiamente dita, posto que alí non hai ningunha masa arbórea actualmente, só terreos de cultivo. Polo tanto en todo caso sería unha plantación e de ningún xeito na ríberia do río e tampouco con especies autóctonas, senón na maior parte dos casos de Liquidambar Americano (Liquidambar styraciflua: https://es.wikipedia.org/wiki/Liquidambar_styraciflua ) unha especie ornamental que como o seu nome indica é propia do Sureste Norteamericano e non das ribeiras galegas dos nosos ríos. Polo tanto o alcalde ou ben non leu o proxecto ou esta directamente enganado as veciñas e veciños coas súas declaracións.
Dentro do recadro vermello a especie elixida
para a plantación
Sínalar tamén que no proxecto o único que aparece na
ribeira do río son precisamente as árbores
xa existentes, dando a entender
que a corta sería selectiva respectando a masa arbórea existente e non
indiscriminada como o foi realmente ao final incumprindo co prometido:
Detalle do plano, marcado en Azul, do arbolado existente que figura no proxecto e non foi respectado na execución:
Por último con respecto á tala de arranque das obras sita nas proximidades do pavillón de Barraña, sinalar que non aparece no proxecto, e que as máquinas puideron perfectamente acceder á obra pola parte superior que enlaza coa Avda. da Constitución e a estrada a Abanqueiro tendo alí un lugar máis que suficiente, (máis grande que o Camp Nou como dí o alcalde) para almacenar o material e maquinaria a empregar sin saír dos límites do proxecto.
Taláronse máis de 2000m2 de zona arbolada que non aparecía no proxecto
![]() |
Por todo isto é máis pertinente que nunca a moción que presentamos para asegurar o compromiso formal e non só palabras baleiras coa recuperación deste ecosistema autóctono:




