Dende Boiro Novo estamos a favor de que se faga un saneamento do río e adecente a zona, sendo isto ademáis algo que levabamos no noso programa. De feito no pleno de Maio de 2016 a nosa asamblea xunto con todos os grupos da corporación votamos a favor de facer unha actuación para a mellora deste espazo, sendo aprobado por unanimidade. Se cadra no goberno do concello de Boiro confunden limpar, desbrozar e adecentar un espazo natural con arrasalo todo. Así, actuando como están de xeito indiscriminado, dende logo non se debe de facer.
Neste entorno había salgueiros, ameneiros, freixos (algúns de máis de 60 anos), carballos, uns cantos piñeiros, e unha zona de loureiros reais. O problema non é que se poida facer un clareo nos sitios onde estivesen máis densamente tupidos así como desbroces onde houbese moita maleza, algo completamente entendible. O problema é sinxelamente que van a eliminar todo sen valorar o impacto ecolóxico e habendo outras alternativas menos agresivas co medio e ao noso parecer paisaxístamente falando cun resultado mais estético. Nós tiñamos en mente no noso programa para a rexeneración da zona, algo parecido a esto:
Pero como diciamos, de limpar, ordenar e sanear; a devastalo todo, hai unha grande diferencia, tanto que chega a ser peor o remedio que a enfermidade. O feito recórdanos á proposta de George Bush de cortar todas as árbores para que non houbese incendios e, se cadra, algo parecido tiñan en mente na Xunta e no Concello cando deseñaron esta actuación no Breiro.
Por todo isto vimos de presentar unha solicitude urxente para que se paralice a tala de arbores e que se realice un estudo de ordenación paisaxística, atendendo a criterios ecolóxicos, que miniminice o impacto ambiental da actuación que se pretende facer alí (pódese tomar como exemplo a nosa proposta anteriormente mencionada) antes de seguir cos traballos da mesma.
É curioso que hai 7 anos o PP de Boiro, estando na oposición, poñía o grito no ceo (e con razón) porque Costas tamén ía a talar unhas árbores en Barraña pola mellora do saneamento:
Hoxe son eles os que están a arrasar con todo un monte un pouco máis arriba, ao lado do río Breiro. A diferencia está en que daquela o goberno negociara unha modificación na obra e finalmente só se cortou 1/5 das árbores previstas inicialmente. Por iso exixímoslle ao alcalde que tome exemplo e sexa coherente co que predicaba entón.




