As explicacións emitidas polo goberno de Boiro en relación á instalación
provisional dos depósitos de gas no Corrillo seguen a se insuficientes. En Boiro Novo criticamos o escurantismo do executivo, para favorecer os intereses dunha gran empresa en lugar de preocuparse do
benestar da cidadanía. Para a nosa asemblea o lóxico sería
afastar este tipo de instalacións dos núcleos de poboación, en lugar de
emprazalas en pleno casco urbano. Ademasi a transparencia do goberno de Dieste volve a brillar pola súa ausencia ante as numerosas queixas polas dificultades dos veciños afectados para
acceder á información. Unha información desta relevancia debera estar
publicada no taboleiro de anuncios do concello así como na web
municipal e non gardada nun caixon baixo chave no despacho do tenente alcalde.
O catastrazo: un expolio ás familias do rural co voto a favor do PP de Dieste
Hai xa 2 anos fomos os primeiros en avisar do novo atraco que chegaría
as economías das familias do rural: A regularización catastral tamén
coñecida como "CATASTRAZO". Unha taxa 60€ e ademais un incremento
retroactivo no IBI dos últimos 4
anos. Recordamos aquí que o PP de Boiro non tivo reparos en votarnos en
contra cando propuxemos no seu día medidas para deter ou a lo menos
paliar este golpe económico a xente do noso rural. Unha vez máis o
alcalde preferiu mirar polos intereses do PP antes que polo dos
boirenses.
Presentamos enmendas aos presupostos do estado para a rehabilitación de Goiáns e a mellora do Esteiro
Dende Boiro Novo fixemos os deberes levando os problemas de Boiro alí
onde se toman as decisións que afectan ao noso concello. Por iso
presentamos 2 emendas aos presupostos do estado, através de En Marea,
para recuperar o litoral e a zona costeira do Esteiro e para que sexa o
goberno central o que asuma a rehabilitación do Pazo de Goiáns e non
haxa que endebedar as arcas municipais en máis de 1 millón de euros,
como pretende facer o alcalde Dieste.

Boiro Novo levará ó Parlamento, a través de En Marea, a construción dunha residencia pública en Boiro
É urxente e necesaria unha residencia pública en Boiro. O goberno do PP
esta disposto a regalar terreos públicos do Pazo de Goians para que unha
empresa privada faga negocio a conta da xente maior. Non podemos
aceptar que se faga negocio coas necesidades da xente por iso apostamos
por ubha residencia Pública no noso concello. Esa e a petición que están
a trasladar os nosos maiores e que dende Boiro Novo imos trasladar
tamén ó parlamento galego através de En Marea.
Boiro Novo propón medidas para a dinamización do mercadillo
O futuro do mercadillo de Boiro está en perigo de serguir minguando como
ata o dagora. Mentres o Alcalde pon excusas botándolle a culpa a todo o
mundo sen el asumir responsabilidades, dende a nosa asemblea facemos
propostas para volver a ter un mercado exitoso que axude a dinamizar a
economía do noso concello.
Ante a baixada de postos que acoden semanalmente ó mercadiño ambulante dos martes, dende Boiro Novo propoñemos unha serie de medidas para a súa dinamización. Consideramos que tanto a escaseza de servizos para os potenciais clientes como a falla de espazos de aparcamento ou aseos públicos están detrás desta baixa afluencia. Por estas razóns propoñemos a creación dunha comisión na que ademais dos grupos políticos participen representantes do comercio local e dos vendedores ambulantes co fin de consensuar medidas de dinamización. Unha comisión que debería abordar tamén a posible reubicación do mercado, tal e como teñen solicitado algúns comerciantes.

Subscribirse a:
Comentarios (Atom)