As explicacións emitidas polo goberno de Boiro en relación á instalación
provisional dos depósitos de gas no Corrillo seguen a se insuficientes. En Boiro Novo criticamos o escurantismo do executivo, para favorecer os intereses dunha gran empresa en lugar de preocuparse do
benestar da cidadanía. Para a nosa asemblea o lóxico sería
afastar este tipo de instalacións dos núcleos de poboación, en lugar de
emprazalas en pleno casco urbano. Ademasi a transparencia do goberno de Dieste volve a brillar pola súa ausencia ante as numerosas queixas polas dificultades dos veciños afectados para
acceder á información. Unha información desta relevancia debera estar
publicada no taboleiro de anuncios do concello así como na web
municipal e non gardada nun caixon baixo chave no despacho do tenente alcalde.
Comparte esta publicación