Amosando publicacións coa etiqueta Deporte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Deporte. Amosar todas as publicacións

Pedimos a realización de melloras no Club de Remo de Cabo de Cruz

O Club de Remo de Cabo de Cruz é un referente no eido deportivo, non só para o noso concello, senón tamén no ámbito galego e estatal ao formar parte da elite deste deporte coa súa participación na liga de máximo nivel do Estado Español (ACT). O esforzo deportivo que realiza este club non é acorde coas instalacións nas que ten que realizar a súa actividade. As limitacións de espazo, os problemas de humidades e a inexistencia dun foso para adestrar son eivas que levan arrastrándose durante moitos anos e que vai sendo hora de buscarlle unha solución.

As instalacións actuales son claramente deficitarias
 
Do mesmo xeito, tamén hai que salientar o gran traballo que esta entidade realiza a diario nas categorías base deste deporte en Boiro, cunha aposta decidida pola  canteira como eixe central da súa política deportiva así como unha política de impulso ao deporte feminino punteira en toda Galicia. Contar cunhas instalacións dignas é prioritario para poder seguir avanzando nestes obxectivos.

No ámbito deportivo do noso concello existe unha necesidade prioritaria de acometer unha actuación integral no tocante ás instalacións das que dispón o Club de Remo de Cabo da Cruz para a súa actividade deportiva.  A construción das instalacións existentes data de principios dos anos oitenta e pese as distintas actuacións que se levaron a cabo nos últimos anos, non reúne as condicións mínimas coas que debe contar un club deste nivel

A Deputación Provincial da Coruña, ven de aprobar recentemente o Plan Único de Obras nos Concellos da Coruña para o ano 2017, correspondéndolle ó Concello de Boiro unha subvención total de 1.154.421,86 €, cuxo fin, entre outros, é  a realización de obras de interese xeral nos concellos da provincia da Coruña. Dende Boiro Novo, instamos ao goberno municipal a incluír dentro deste plan unha actuación integral nas instalacións do club de remo de Cabo da Cruz que contemple as necesidades desta entidade. 


 Rolda de prensa nas instalacións do Clube de Remo


Plan de mobilidade e novos carrís bici para boiro

Dende Boiro Novo apostamos firmemente por un concello para as persoas, por iso vimos de presentar unha moción para promover a creación dun plan de mobilidade para Boiro.
Aproveitando a obra do colector do río Breiro, propoñemos a creación dun carril bici que una a estrada a Cabo de Cruz co centro urbano e que tamén se planifique no futuro a conexión do mesmo cos principais núcleos do concello, como Escarabote, Abanqueiro, Cespón,...
Así mesmo tamén reclamamos que se tomen medidas para arranxar os desperfectos que presenta tanto o pavillón de Barraña así como do muro do campo de fútbol municipal que mesmo poñen en risco a seguridade dos usuarios destas instalacións.