O concello non solicita as subvencións para rehabilitar a Rúa Principal e as vivendas dos mestres

Propostas de Boiro Novo como a rehabilitación das vivendas dos mestres para aluguer social ou a declaración de ARI da Rúa Principal que permitiría á veciñanza deducirse ata un 15% do IRPF e axudas fiscais para restaurar inmobles; non as imos a desfrutar no noso concello, como si o van facer noutros da comarca, por culpa da incompetencia do goberno do PP que non presentou en prazo a solicitude destas subvencións á xunta.

Algo que xa é indignante de por si, resulta ate escandaloso tendo en conta que dende a nosa asemblea avisamos ao goberno con meses de antelación para que se acollera a esta liña de axudas tan necesaria para o noso Concello. Unha vez máis queda demostrado que a incompetencia do Alcalde chega a niveis que ata son lesivos para os intereses do noso concello.

Pérdese a oportunidade de restaurar os inmobles danados da principal

Perdeuse a posibilidade de rehabilitar as vivendas dos mestres

Comparte esta publicación

Related Posts

Seguinte
Next Post »