Boiro Novo denuncia a nula planificación do goberno durante a Semana Santa


Outra Semana Santa máis a veciñanza de Boiro e os visitantes que se achegan ao noso concello volveron a ter que sufrir a improvisación e nula planificación do goberno do PP á hora de preparar debidamente as actuación necesarias para estas datas. Outro ano máis a xente volveu a atoparse co aparcadoiro do concello pechado, cuxa apertura e moi necesaria tendo en conta ademais a redución das prazas de estacionamento a causa dos distintos actos programados. A isto volveuse a unir unha vez máis as xa recorrentes deficiencias na limpeza viaria estando algúns dos contenedores do centro urbano varias xornadas rebosando de lixo.
   Este ano ademais coñecemos a noticia de que esta falla de planificación se trasladou tamén á limpeza das praias do noso concello. Froito das presas de ultima hora e da improvisación, o goberno quixo actuar pola vía rápida atentando contra unha especie ornitolóxica ameazada e protexida da nosa costa como é a PÍLLARA PAPUDA. O goberno incumpriu claramente  a lexislación medioambiental vixente (DOG do 31 de Xaneiro de 2014) usando medios mecanizados na limpeza cando se debería ter feito de xeito manual para evitar danar o menos posible o medio ambiente.
   Todo isto demostra unha grave incompetencia e falta de xestión municipal que padece o noso concello por parte de un goberno máis preocupado en sementar divisións entre a veciñanza que de xestionar o público. Por iso dende Boiro Novo pediremos explicacións no próximo pleno municipal ao Alcalde Dieste, exixindo con todos os nosos medios que estes feitos que prexudican gravemente a nosa veciñanza ao turismo e ao medio ambiente non se volvan a dar.

 



Comparte esta publicación

Related Posts

Seguinte
Next Post »