Amosando publicacións coa etiqueta Educación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación. Amosar todas as publicacións

Demandamos varias melloras na parroquia de Bealo

Xa hai  algúns meses, foi a nosa asemblea a que levoi a pleno a moción para a acometida de rede de auga na parroquia de Bealo sendo aprobada por unanimidade.

Pero este servizo básico non é o único do que adoece esta parroquia que carece de numerosas instalacións. No lugar de Ponte Beluso non se repuxo o tobogan e as canastras do  parque infantil retirados no seu día e faltan equipamentos de lecer.


Parque infantil sen apenas elementos de xogo

 
A mellora da seguridade viaria na estrada da Amanecida ó Confurco na que o primeiro paso de peóns apenas ten visibilidade ou a dinamización da antiga escola unitaria  dotando de contidos culturais ao local social son outras das demandas que trasladamos á
corporaciñon.
Paso de peóns sin visibilidade

Nun rural coma o de Boiro no que cada vez se está perdendo máis poboación, compre dotar as parroquias do maior numero de servizos posibles que axuden a fixar poboación e eviten este esmorecemento demográfico.


Reclamamos que se mellore a climatización na gardería do Saltiño

Durante ás últimas semanas do curso, no interior da gardería do Saltiño alcanzáronse máis de 30° de temperatura. Unhas condicións inaceptables nun lugar con nenos de 0 a 3 anos. Por iso presentamos unha moción no pleno municipal así como no Parlamento Galego, a través da deputada de En Marea Paula Vázquez Verao, para que os gobernos municipal e da Xunta poñan fin a esta inaceptable situación para as nosas crianzas.